Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.004

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (236/1990-01).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da LH, seguidos neste xulgado co número 236/1990, promovidos polo procurador Raposo Quintáns, en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia, acordouse sacar a poxa pública por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Vivenda na segunda planta alta do edificio sinalado co número catro da rúa Diego Delicado, desta cidade de Santa Uxía de Ribeira. Ten a súa correspondente distribución interior, ocupa a superficie aproximada de cento coarenta e dous metros cadrados, incluído patio de luces; que testa, segundo se mira desde a rúa: fronte, norte, espacio libre sobre a rúa Diego Delicado e caixa de escaleiras; dereita, oeste, casas de José Moraña Rivas, de herdeiros de José García Ramallo, de Antonio Ruiz Callón e de herdeiros de Soledad Santos; esquerda, leste, por onde ten a súa entrada, descanso, caixa de escaleiras, ascensor e casa e terreo de Francisco Sarasquete Hermo; e espalda, sur, descanso e caixa do ascensor e espacios libres sobre patio de luces e sobre terraza da primeira planta alta. Ten asignada unha cota de participación con relación ó total valor do inmoble de doce enteiros por cento.

Inscrita no tomo 580, libro 127, folio 36, predio 11.837, inscrición cuarta do Rexistro da Propiedade de Noia.

A poxa terá lugar o día 26 de outubro de 1998 ás dez horas, na sala da audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución da hipoteca, que é de tres millóns cento catorce mil pesetas. Non concorrendo licitadores, sinálase para a segunda o día vintetrés de novembro ás dez horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; non habendo postores na segunda, sinálase para a terceira o día 28 de decembro de 1998 ás dez horas, sen suxeición a tipo.

Faise saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de tres millóns cento catorce mil pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura. En canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se for o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeción a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para tal efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por cento do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito

en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuado a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da LH están de manifesto na secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse a súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser encontrado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedar do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

7. Caso de que algún día dos sinalados para a celebración das poxas recaese en día inhábil trasládase a súa celebración para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.

Dezanove de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7008