Por resolución rectoral da Universidade de Vigo do 1 de agosto de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 167, do 1 de setembro, convocáronse probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa desta universidade.
Na base 1.1. establecíase que se convocaba concurso-oposición para cubrir 53 prazas, ás que se acumularán aqueloutras que a xunta de goberno desta universidade aprobe antes de que remate o proceso selectivo.
A xunta de goberno aprobou en sesión celebrada o 17 de decembro de 1997 a oferta de emprego do persoal funcionario da escala auxiliar administrativa desta universidade para o ano 1997, cons
tituída por 26 prazas e a súa acumulación ás prazas convocadas pola Resolución do 1 de agosto. En sesión celebrada o 4 de febreiro de 1998, aprobou a oferta de emprego do persoal funcionario da escala auxiliar administrativa desta universidade para o ano 1998, constituída por 15 prazas e a súa acumulación nos mesmos termos.
Xa que logo, o número total de prazas que serán obxecto de cobertura polo proceso selectivo convocado por Resolución do 1 de setembro, para o ingreso na escala auxiliar administrativa desta universidade ascende a 94.
Vigo, 29 de setembro de 1998.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
9160

