Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1998, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete á información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra: nova estrada, tramo variante de Vilalba. (Clave N-LU/91.22).

Aprobado tecnicamente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 1997, o estudio informativo nova estrada, tramo variante de Vilalba. Clave: N-LU-91.22, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOE, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Lugo as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. O citado estudio informativo pódese examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Lugo e no concello afectado.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro,

de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia; está exposto ó público para este efecto na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e no concello afectado.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1998.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas

9275