Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha aplicación informática de soporte dun sistema de información xeográfica para a xestión do transporte escolar en Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha aplicación informática de soporte dun sistema de información xeográfica para a xestión do transporte escolar en Galicia.

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 700.000 pesetas.

Definitiva: 1.400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 00.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas no servicio obxecto deste prego.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data: o sexto día contado desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

Hora: 10.30 h.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

8573