Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Bóveda, Bacurín, Cambeo, nos concellos de Amoeiro e Coles. (Expediente IN407A 98/161-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos de Amoeiro e Coles.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.245 m, con orixe no apoio número 8 da L.M..T proxectada Cambeo-Bóveda e final no centro de transformación en caseta do Seixo, en conductor LA-56.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 512 m, con orixe no apoio número 4 da L.M.T. proxectada Cambeo-Bóveda e final no centro de transformación Cambeo I, en conductor LA-56.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 217 m, con orixe no apoio existente da L.M.T. Penasalva-Vilarachao-Barra de Miño e final no centro de transformación Serradoiro Cambeo, conductor LA-56.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 977 m, con orixe no apoio da L.M.T. existente a Bóveda e final no apoio número 8 da L.M.T. proxectada, en conductor LA-56.

C.T. proxectado tipo intemperie, de Priorato con 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V, R.B.T. do C.T. de Priorato de 2.318 m en conductor R.Z.

C.T. proxectado tipo intemperie, de Cambeo I con 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V, R.B.T. do C.T. de Cambeo I de 1.880 m en conductor R.Z.

C.T. proxectado tipo caseta, de Serradoiro Cambeo con 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V, R.B.T. do C.T. de Serradoiro Cambeo de 1.760 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 36.252.064 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade públi

ca da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se arpoba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como

das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidas, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última públicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 24 de agosto de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/161-3 A.T.Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Bóveda-Bacurín-Cambeo.Termo municipal: Amoeiro e Ourense.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2A. FerreiPradoJosé Luis López ÁlvarezSchinkelstrass-Hamburgo 25, 22303 Alemaña50

4/ALameiroPradoManuel Pulido PicoutoAvd. Zamora 15-6ºD, 32005 Ourense34340

8ArealMonte baixoSara VisoSalvador de Madariaga 1º-7-9º, 15008 A Coruña11142672

12A FerreiPradoCamilo Gonzáelz ÁlvarezCambeo-Coles, s/n, 32100 Ourense2154540

12/1CarrilPradoÁngel Costodio Pulido BelloR. Cabanillas 14-1ºD, 32004 Ourense1070

18CoboLabradíoMarcial González ÁlvarezEstrada Santiago-Cambeo, s/n, 32100 Ourense3160600

18/1CarrilPradoÁngel Costodio Pulido BelloR. Cabanillas 14-1ºD, 32004 Ourense68680

21CousoMonte baixoEladio Corral SaburidoBóveda-Amoeiro, s/n,

32980 Ourense

701.120

26ChocaMonte baixoEladio Corral SaburidoBóveda-Amoeiro, s/n,

32980 Ourense

741.184

32C. RealPradoAntonio Álvarez FernándezBóveda-Amoeiro, s/n,

32980 Ourense

711361.360

34C. RealMonte baixoElvira Fernández ParadelaTravesia Ciudad Jardín 4-3ºD, 48007 Bilbao23368

42F. AgroLabradíoValentín Fernández ParadelaRemedios 68-4ºD, 32002 Ourense25250

8628