Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Fontevella.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. de Fontevella ata a liña A.T.I. 7.26 á altura do C.T. Herranz, concello do Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 28 de agosto de 1998.
P.A.
Rafael Rubio Maquieira
Secretario provincial de Pontevedra
8698

