Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/118-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Avda. Estación (supermercados Claudio).

Situación: Maside.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 560 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe na L.M.T.S. subestación O Carballiño-C.T. oficina comercial Unión Fenosa no Carballiño e remate no centro de entrega de enerxía de Avda. Estación (supermercados Claudio).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 9 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8744