Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de A Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/311-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pombal.

Situación: Fisterra.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 15 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 65 da liña Corcubión-Fisterra (expediente 27853) e remate no C.T. Pombal a instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede subterránea, en conductor R.V. de 20 m de lonxitude e rede aérea sobre apoio de formigón e conductor R.Z. de 80 m de lonxitude. Fisterra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial de A Coruña

8746