Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: distribución interior parque Pereiro.
Situación: Pereiro de Aguiar.
Descricións técnicas: 2 L.M.T. soterradas a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV.: 1ª. de 680 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. existente a parque Pereiro e remate no límite de 1ª fase da distribución interior parque Pereiro. 2ª. de 415 metros de lonxitude, con orixe no apoio da L.M.T. existente Ponte dos Gozos-A Medorra e remate no centro de entrega conexión fábrica téxtil. C.T. prefabricado de distribución interior en parque Pereiro 1ª fase con 630 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. soterrada con orixe no C.T. proxectado de 1.950 metros en conductor R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 11 de setembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
8743

