Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de A Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/269-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Outes.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cando de Abaixo-Arriba (Lagoa).

Situación: Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 773 m de lonxitude, con orixe na liña Siavo-San Cosme derivación a Vara (expediente 33992) e remate no apoio nº 7 liña proxectada. L.M.T.S. a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 40 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 paso a subterránea da liña anterior

e remate no C.T. Lagoa a instalar. C.T. en caseta prefabricada formigón, de 250 kV e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede aérea de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 150 m de lonxitude. Serra de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial de A Coruña

8818