Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 282/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea 15/20 kV cunha lonxitude de 0,953 km con orixe na L.M.T. a C.T. Piñeiro-Gradamil (expediente 34989) e final no C.T. Gradamil. Centro de transformación tipo intemperie Gradamil, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de

baixa tensión cunha lonxitude de 0,435 km, orixe no C.T. Gradamil, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión cunha lonxitude de 0,715 km, orixe no C.T. Barcia, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 282/98).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Gradamil (termo municipal do Pino).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así

mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resul

taren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 15 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 282/98.Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Gradamil.Termo municipal: O Pino.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CovasCampoFrancisco Ramos VigoGrandamil Pquia. Ladeiros, 15821 O Pinoœ1168680

2CovasMonte altoFrancisco Ramos VigoGrandamil Pquia. Ladeiros, 15821 O Pinoœ1-23991.584

3CovasPradoFrancisco Ramos VigoGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pino321071.070

4Agra da SilveiraLaborJosé María Pazos MosqueraGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pino1221.220

5A FontePradoJosé María Pazos MosqueraGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pino421561.560

6Prados de XesteLaborAbelardo Paz FondevilaGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pinoœ5113130

7Prados de XesteLaborHros. Francisco Paz FondevilaGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pinoœ511431.410

8A XestaMonte altoJesús Salvado SeijoGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pinoœ615110

9Agra da CostiñaPradoMaría Seijo FondevilaGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pinoœ611301.300

10Agra da CostiñaLaborAntonio Salbado VázquezGrandamil Pquia. Lardeiros, 15821 O Pino7 C.T.81001.025

9041