Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV, subestación Albarelos-Parque Eólico Cando, para realizar nos concellos de Boborás, Beariz e Leiro (Ourense) e Forcarei (Pontevedra), promovido por Gamesa Promoción Eólica, S.A.

O artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contando a partir da publi

cación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 220 kV subestación Albarelos-Parque Eólico Cando, a realizar nos concellos de Boborás, Beariz e Leiro (Ourense) e Forcarei (Pontevedra), promovido pola empresa Gamesa Promoción Eólica, S.A.

Segundo.-Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Industria.

* Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Ourense e Pontevedra.

* Casas do Concello de Boborás, Beariz e Leiro (Ourense) e Forcarei (Pontevedra).

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en cualquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9251