Visto o escrito e a documentación presentados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:
Primeiro.-Con data do 25 de marzo de 1998 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kVA desde a subestación de Vilar do Colo ata Forestal do Atlántico que discorre polos termos municipais de Fene, Cabanas e Mugardos (A Coruña); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 a 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:
Liña de alta tensión a 132 kV, simpli circuíto con orixe na subestación Vilar do Colo e remate en Forestal do Atlántico; a súa lonxitude e de 7.379 m, distribuída nun primeiro tramo subterráneo de 89 m, segundo aéreo de 5.980 m e terceiro tramo subterráneo de 1.310 m. Os conductoresson R.H.V. 76/145 kV 1x400 Al+H 95 para os tramos subterráneos e LA-180 para o aéreo sobre apoios metálicos tipo 14/ARCE-8/Olmo, que discorre polos termos municipais de Fene, Cabanas e Mugardos.
Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública, sendo publicado no DOG do 11-5-1998, BOP da Coruña do 27-4-1998, xornal La Voz de Galicia do 5-5-1998, no taboleiro de anuncios das casas do concello de Fene, Cabanas e Mugardos e no da
delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:
1. Matilde Badía Fernández, titular do predio número 21 de Cabanas, manifesta que se deben efectua-las notificacións oportunas ós restantes cotitulares do predio; por outra parte oponse á declaración de utilidade pública, por se-la finalidade da liña dar subministración a unha empresa; engade que o trazado non é o máis idóneo e prexudica notablemente o predio; por último presenta denuncia efectuada no posto da garda civil de Pontedeume por unha corta efectuada no citado predio e que supón que foi efectuada pola empresa beneficiaria sen o seu consentimento, polo que esixe indemnización polos danos ocasionados.
2. José Martínez Otero, titular do predio número 2 de Fene mostra a súa desconformidade pola indemnización que lle propuxo a empresa beneficiaria.
3. Dolores Díaz López, titular do predio número 29 de Fene, manifiesta que o trazado proposto prexudica notablemente os seus intereses, polo que propón unha variante menos gravosa polo bordo do seu predio.
4. José Manuel González Casas, titular do predio número 34 de Fene, solicita a expropiación total do predio xa que afirma que co trazado da liña queda inutilizado para calquera uso.
5.Vicente López Freire, titular do predio número 37 de Fene, manifesta que a finalidade da liña é mellora-la calidade e seguridade na subministración a unha empresa privada, que descoñece as condicións técnicas, ambientais e de afección da liña; que comprobou que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. non conta aínda coa oportuna licencia municipal, debido a que a solicitude non reúne os requisitos necesarios. A todo iso une as seguintes consideracións: a proximidade do predio co polígono industrial de Vilar do Colo, que ó fronte do predio dá a estrada Limodre-Laraxe, con edificacións a ámbolos dous lados; que as parcelas correspondentes ó citado polígono industrial foron recualificadas, polo que é posible que o Concello de Fene tamén o faga con propiedades situadas no lugar que nos ocupa. Por outra banda solicita o desprazamento da liña cara ó exterior do predio, aproximadamente uns 20 m, co fin de diminuí-lo prexuízo causado. Por último, solicita información sobre as especies arbóreas que
poden plantarse, a distancia mínima desde a liña á que se pode construír unha casa e sobre a indemnización económica.
6. Dolores Rodríguez Souto, titular do predio número 103 de Fene, solicita información detallada sobre a afección ocasionada. En escrito posterior, manifesta que a totalidade do predio está repoboada de eucaliptos en crecemento e outros árbores pro
texidos de gran desenvolvemento e solicita que se lle indiquen as condicións económicas da indemnización e se lle garanta o paso ó resto da propiedade, tanto a pé como para calquera tipo de vehículo de motor.
7. Mercedes López Torrente, titular do predio número 38 de Mugardos, manifesta que o citado predio non é da súa propiedade exclusiva, senón da comunidade de herdeiros de Rosario e Teresa Torrente Pazos; engade que, consultando o expediente, detectou a existencia doutros tres predios afectados identificados cos números 11 e 35/1 de Mugardos e 115/1 de Fene, polo que solicita a rectificación dos datos de titularidades dos referidos predios.
8. Elvira Arnoso López, titular do predio número 2 de Mugardos, solicita máis información sobre o procedemento expropiatorio.
9. José Gómez Freire, titular do predio número 23 de Mugardos, manifesta a súa oposición á expropiación por entender que a empresa Forestal do Atlántico xa ten servicio de enerxía eléctrica e a posta doutra vía deberá facerse polo mesmo sitio polo que vén servindo na actualidade.
10. Matilda Suárez Pérez e Mª Ascensión Suárez Pérez, expón que a titularidade do predio número 26 de Mugardos, que aparece na relación de bens e dereitos afectados a nome de Herdeiros de María Amado Mouriz, debe ser modificada e posta ó seu nome.
11. Manuel Muíños Vigo, titular dos predios números 39, 42 e 43 de Mugardos, indica un erro nos apelidos que constan na relación de afectados e non estar de acordo coa valoración da afección que del fixo a empresa beneficiaria.
12. Fernando Cabalo Abeleido, titular do predio número 50 de Mugardos, solicita máis información co fin de poder identificar correctamente o predio.
13. Lourdes María Rey Martínez, en relación ó predio número 49 de Mugardos, comunica se-la titular, por herdanza de Josefina Martínez de Rey, e solita información sobre a valoración da afección, a documentación que hai que presentar e a forma de percibi-lo importe da expropiación.
14. Antonio Lorenzo Casteleiro, titular do predio número 77 de Mugardos, solicita recibir máis información sobre o predio de referencia.
15. Modesta Freire Leira, en representación dos herdeiros de José Freire Rodríguez, con respecto ó predio número 88 de Mugardos, manifesta que referido predio está catalogado no plan urbanístico do concello de Mugardos, como zona de protección da paisaxe, cualificación que considera incompatible co establecemento dunha liña eléctrica, o que se evitaría buscando unha localización menos agresiva do medio natural ou facendo a instalación subterránea reafirma a solicitude de que a liña sexa subterránea con base na existencia de estudios que
relacionan a proximidade de liñas eléctricas co desenvolvemento de cancros. Solicita tamén que á hora de establece-lo xusto prezo se considere tamén o lucro cesante producido pola afección.
16. Mª Pilar Fernández Requeijo, titular do predio número 102 de Mugardos, manifesta a súa desconformidade co trazado, aducindo que o trazado previsto sofre unha variación ó chegar ó seu terreo para a que non atopa explicación.
As alegación foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as información adicionais solicitadas.
Cuarto.-Con data do 12-8-1998 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou resolución desestimando a solicitude de expropiación total do predio número 34 de Fene, formulada por José Manuel González Casas.
Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña, e foi comprobada mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 57 do título IX da Lei 54/1997.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigo 5 e 6.
Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da súa contestación por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:
1. A empresa beneficiaria da expropiación emendará os erros cometidos na relación de bens e dereitos, tanto no referente á extensión ou naturez da afección como á titularidade dos terreos e prosegirase o resto das actuacións cos alegantes; non obstante, estes deberán achega-la documentación acreditativa dos extremos alegados durante o trámite de levantemento de actas previas á ocupación.
2. Non se toman en consideración as alegacións fereridas á valoración da expropiación por non se-lo xusto prezo obxecto desta fase do expediente.
3. Non se pode acepta-la alegación formulada por Matilde Badía Fernández, xa que a utilidade pública das liñas de distribución de electricidade vén establecida polo artigo 52 da Lei 54/1997, e nas cales o trazado que se someteu a información pública e o que, a priori, reúne as mellores condicións técnicas para a realización da construcción da liña. Con respecto á corta efectuada no seu terreo, a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. afirma que non foi realizada polo seu persoal.
4. Non se pode acepta-la variación solicitada por Dolores Díaz López, xa que supera o 10% do tramo que afecta á solicitante, segundo se establece no artigo 26 do Decreto 2619/1966.
5. Non se pode acepta-la variación de trazado proposta por Vicente López Freire, xa que supera o 10% do tramo que afecta o solicitante, segundo establece o artigo 26 do Decreto 2619/1966. Con respecto ás preguntas formuladas polo alegante, poderán plantarse árbores baixas sempre que garden as distancias regulamentarias e non entrañen risco para as instalacións eléctricas; da mesma maneira, pódese construír unha casa sempre que se cumpran as distancias establecidas no Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión. Por último, a autorización de instalacións que nos ocupa outórgase sen prexuízo do resto de autorizacións necesarias; a obtención de súa licencia municipal é un trámite totalmente independiente.
6. Respecto á solicitude de Dolores Rodríguez Souto, a servidume que se establece é unicamente de voo de conductor eléctrico, quedando a superficie do terreo expedita, tanto para o paso como para o aproveitamento agrícola, sempre que non entrañe riscos para as instalacións.
7. Non se pode utiliza-lo trazado da liña actual de subministración a 20 kV á empresa Forestal do Atlántico, tal e como propón José Gómez Freire, xa que coa tensión de 132 kV da liña proposta, non se cumprirían as distancias de seguridade que imón o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión.
8. Non se pode acepta-lo paso da liña a subterránea solicitado por Modesta Freire Leira, xa que, para poder esixir esta variación, é necesario que o terreo estea urbanizado; con respecto á mencionada cualificación urbanística de zona de protección da paisaxe, hai que facer constar que esa pertence a un plan de ordenación urbana aínda non aprobado, e dáse o feito de que o Concello de Mugardos xa concedeu a licencia municipal.
9. Desestímase a alegación presentada por Mª del Pilar Fernández Requeijo, xa que o trazado proposto é o que, a priori, reúne os maiores requisitos técnicos e calquera variación afectaría a terceiros non incursos no expediente.
Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Primeiro.-Autoriza-la instalación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación de Vilar do Colo ata a subestación que se vai construír en Forestal do Atlántico, nos termos municipais de Cabanas, Fene e Mugardos (A Coruña).
Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica, que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Terceiro.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
9272

