De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.
Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 29 de setembro de 1998.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 210SA/98.
Denunciado: Rial Otero, Manuel Eliseo.
DNI: 33.184.355.
Último enderezo coñecido: Avda. de Lugo, 201-1º D. Santiago de Compostela, A Coruña.
Feitos denunciados: transportar animais bovinos, con destino ó matadoiro de Melide, carecendo de certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.
Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde do 4-4-1997, Art. 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo regulamento.
Sanción: 15.000 ptas.
9273

