De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples -Monelos A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 29 de setembro de 1998.
Rogelio del Valle Muñoz-Cobo
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 091SA/98.
Denunciado: Paz Fernández, Carlos.
DNI: 32.592.587T.
Último enderezo coñecido: r/ Concepción Arenal nº 74-1º D, Narón-A Coruña.
Feitos denunciados: transportar animais, procedentes do mercado de Melide con destino a Ferrol, carecendo da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.
Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 10 da Orde do 23-8-1995, 12 do D. 355/1994, en Rela. co 217.3º do Regul. de epizootias.
Sanción: 7.000 ptas.
9268

