A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 10 de setembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1º Aprobar definitivamente por instancia de Soledad Garnelo Yebra, en representación de ALT Urbanistas, S.L., o proxecto de urbanización do SU-22 entre as zonas 5 e 6 do PXOU de Ourense, e logo da constitución de garantía polo importe de 1.389.237 ptas. (un millón trescentas oitenta e nove mil duascentas trinta e sete pesetas) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación e acreditación da representación que di ostentar, en calquera das formas previstas no artigo 32 da Lei 30/1992.
Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.
Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros se así o crera conveniente.
Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 22 de setembro de 1998.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
8976

