Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o día 11 de setembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«O Concello Pleno adoptou, por unanimidade, aprobar inicialmente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense na marxe dereita do río Miño entre as pontes nova e romana e somete-lo expediente á información pública».
O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na praza Maior nº 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.
Ourense, 23 de setembro de 1998.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
9252

