Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da exposición ó público do proxecto básico e o de execución da ordenación da praza do Berbés e o prego de condicións que rexerá a concesión de dominio público para a construcción dun aparcamento subterráneo no subsolo da dita praza.

O Pleno do Concello de Vigo, na súa sesión do 5 de outubro de 1998, aprobou inicialmente o proxecto básico e de execución da ordenación da praza do Berbés, presentado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e redactado polo arquitecto Guillermo Vázquez Consuegra; aprobou, igualmente, o prego de condicións administrativas que rexerá a concesión de dominio público para a construcción dun aparcamento subterráneo no subsolo da praza do Berbés e a remodelación, urbanización e axardinamento desta.

Para os efectos previstos no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e no artigo 83 do Regulamento de bens das entidades locais, exponse ó público o expediente, podéndose formular reclamacións ou suxestións a este mediante a presentación de escrito no rexistro xeral do Concello de Vigo, ou por calquera dos procedementos previstos na Lei de procedemento administrativo.

O período de exposición ó público e o prazo de presentación de reclamacións ou suxestións será de trinta días hábiles seguintes ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Este edicto tamén se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

Vigo, 8 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

8973