Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria para cubrir unha praza de coordinador/a de vixilantes guía, do cadro de persoal laboral provincial, reservada a promoción interna.

No BOP de Lugo, número 214 do 17 de setembro de 1998, publícanse as bases da convocatoria para a provisión de unha praza de coordinador/a de vixi

lantes guía, do cadro de persoal laboral da Deputación Provincial de Lugo, polo sistema de concurso-oposición, reservada a promoción interna.

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, en modelo que se facilitará nesta entidade, debendo ser presentadas no rexistro xeral, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 17 de setembro de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

9287