Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.272

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado na contratación do soporte de rede de datos nas unidades xestionadas por el, situadas nos hospitais Xeral-Cíes e Meixoeiro de Vigo.

Nº expediente: CTRL/INF/12/98.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono 981 57 76 50, fax 981 57 78 43.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

Carlos Crespo Sabarís

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.