Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.278

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 279/1998, do 8 de outubro, polo que se nomea a Gerardo Pallares Sánchez como delegado da Xunta de Galicia na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e no artigo 1.3º do Decreto 390/1996, do 31 de outubro, polo que se crea a Delegación da Xunta de Galicia na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe, por proposta do Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de outubro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Nomear a Gerardo Pallares Sánchez como delegado da Xunta de Galicia na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9176