Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Corporación de Práticos del Puerto de Vigo, S.C., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data 10-8-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3ª, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobe traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 26 de agosto de 1998.
Ramón Hermo Rey
Delegado provincial de Pontevedra en funcións
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Determinación das partes negociadoras.
A comisión negociadora deste convenio está integrada pola empresa Corporación de Prácticos del Puerto de Vigo e polo representante legal dos traballadores afectados, que poderá contar co asesoramento da central sindical que esta representación legal estime.
Artigo 2º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.
O presente convenio colectivo é de ámbito de empresa, este afectará á Corporación de Prácticos del Puerto de Vigo e ós traballadores que prestan servicios para a esta, tanto o persoal de embarcacións, como o persoal de terra, sexa administrativo e/ou de mantemento.
Non obstante o anterior, o persoal administrativo e de mantemento conservará a súa norma particular.
Os contidos deste convenio non serán de aplicación ós traballadores contratados ó amparo do R.D. 1382/1985.
Artigo 3º.-Vixencia, prórroga e denuncia.
O presente convenio entrará en vigor, para tódolos seus efectos e independentemente da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a partir do 1 de xaneiro de 1998, e a súa duración será ata o 31 de decembro do 2000. Prorrogarase tacitamente de ano en ano, se non fora denunciado por calquera das partes, cunha antelación mínima de dous meses á data do seu vencemento, ou o de calquera das súas prórrogas.
A denuncia haberá de formalizarse por escrito dirixido tanto á Delegación de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, como á outra parte negociadora do convenio.
Artigo 4º.-Compensación e absorción.
O conxunto de condicións económicas pactadas neste convenio, compensarán e absorberán, ás que existían á súa entrada en vigor delas, sexa cal for a natureza, orixe ou denominación delas, presentes ou futuras, a non ser que estas formen un conxunto máis beneficioso para o traballador, consideradas en cómputo anual e global, neste caso substituirían integramente ás deste convenio.
Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.
As normas establecidas neste convenio terán o carácter de mínimas, os pactos e condicións laborais que viñeran desfrutando os traballadores serán respectadas a título persoal, sempre que, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, sexan máis beneficiosas cás establecidas neste convenio.
Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.
Para tódolos os efectos este convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non se poderá pretende-la aplicación de ningunha das súas cláusulas con independencia; se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das súas normas, e este feito, a xuízo de calquera das partes asinantes, desvirtuase o contido do presente convenio, este quedará automaticamente sen efecto, debendo ser de novo considerado na súa totalidade pola comisión negociadora.
Artigo 7º.-Comisión paritaria.
Para interpretar e vixila-la aplicación do presente convenio, así como resolver cantas dúbidas e diverxencias puidesen xurdir entre as partes obrigadas por el, créase unha comisión paritaria, que será a mesma comisión negociadora.
Esta comisión reunirase cantas veces sexa preciso coa finalidade de resolve-las diverxencias que se presenten, establecéndose como prazo máximo para alcanzar unha solución, o dun mes contado desde a comunicación da solicitude de convocatoria.
Artigo 8º.-Adhesión ó AGA.
A comisión paritaria, ante as posibles discrepancias xurdidas da interpretación de cada un dos artigos deste convenio, someterase ó procedemento de arbitraxe previsto no AGA.
Artigo 9º.-Lexislación subsidiaria.
En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores (ET), na ordenanza de embarcacións de tráfico interior de portos O.M. do 9-8-1969, que se asume como norma subsidiaria, así como nas demais disposicións legais vixentes ou que poidan entrar en vigor durante a vixencia do convenio.
Artigo 10º.-Idioma.
O texto do convenio publicarase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma, ou sexa galego e castelán.
Capítulo II
Organización do traballo
Artigo 11º.-Organización.
De acordo coas disposicións vixentes, a facultade e responsabilidade da organización do traballo corresponderalle ó empresario, que poderá exercela por si mesmo ou a través daquela persoa ou persoas en quen delegue.
Artigo 12º.-Dirección e control.
O traballador estará obrigado a presta-los seus servicios baixo a dirección do empresario ou persoa en quen delegue.
Artigo 13º.-Cadro de persoal e cadro de persoal mínimo.
A empresa disporá do cadro de persoal suficiente para atende-la marcha normal das súas actividades, o tráfico das súas embarcacións, así como a seguridade destas e das súas dotacións e, en xeral, para asegurar en todo caso as condicións de traballo destas.
O cadro de persoal mínimo que se fixa con carácter xeral para as embarcacións será a actual. Nembargantes, a dotación de cada unha das embarcacións non poderá ser inferior á que aprobe a autoridade portuaria competente.
Artigo 14º.-Mando da embarcación.
O mando da embarcación corresponderalle á persoa que, designada polo empresario e en posesión do título de capitán ou patrón, exerce o mando do barco de acordo co disposto neste convenio e coas atribucións que para o caso establezan as disposicións vixentes, con tódolos dereitos e obrigas que lle correspondan ó mando.
Artigo 15º.-Cumprimento de ordes a bordo.
Os traballadores/tripulantes, calquera que sexa a súa categoría ou grupo profesional, realizarán aqueles traballos que lles sexan encomendados polo empresario ou aquelas persoas designadas por el, relativos ás faenas relacionadas coa navegación ou co cometido asignado a cada departamento. Non obstante o anterior, os traballadores realizarán traballos de natureza diferente ós que lle corresponden, cando a xuízo do empresario, capitán ou patrón, sexa necesaria a súa realización para garanti-la organización, seguridade
e salvamento do buque, así como a seguridade e salvamento da súa tripulación.
Capítulo III
Clasificación profesional
Artigo 16º.-Clasificación profesional.
Os traballadores afectados polo presente convenio, en atención ás funcións que desenvolvan e de acordo coas definicións que se especifican nos artigos seguintes, serán clasificados en grupos profesionais e, pola súa vez, en categorías profesionais.
Artigo 17º.-Definición de grupos e categorías profesionais.
O persoal afectado polo presente convenio quedará clasificado nun dos seguintes grupos e categorías profesionais:
Grupo 1º.-Persoal de mando.
Pertecen a este grupo aqueles traballadores que en posesión da titulación correspondente e que baixo as ordes dos seus inmediatos superiores exercen funcións a bordo ou en terra, precisando ademais dunha acusada competencia práctica e/ou especialización. Dentro deste grupo defínense as seguintes categorías profesionais:
a) Patrón: é o traballador que exerce o mando efectivo sobre os traballos a bordo e da tripulación e ademais desenvolve, en posesión da necesaria titulación, a responsabilidade e mando da embarcación.
Grupo 2º.-Mestranzas.
Pertecen a este grupo aqueles traballadores que baixo as ordes dos seus inmediatos superiores, exercen funcións a bordo ou en terra, precisando de acusada competencia práctica ou especialización. Dentro deste grupo defínense as seguintes categorías profesionais:
a) Contramestre: é o tripulante experimentado nas faenas mariñeiras que, baixo as ordes do patrón actúa como xefe directo dos mariñeiros, e como tal dispón, de acordo coas ordes recibidas, os pormenores para desenvolve-los labores e traballos que corresponden á sección de cuberta.
Grupo 3º.-Subalternos.
Pertencen a este grupo aqueles traballadores que desenvolven a bordo ou en terra traballos que requiren particulares coñecementos, sen chegar ós esixidos a aqueles incluídos no grupo de mestranza, ou ben están encargados de executar labores que para a súa realización precisan, predominantemente, a achega de esforzo físico e/ou un certo grao de especialización. Clasifícanse nas seguintes categorías:
a) Mecánico/mariñeiro (mecamar): é o tripulante que posúe esta titulación e os coñecementos para a navegación e faenas propias da actividade da empresa, efectúa as faenas de engraxamento de máquinas e motores da embarcación e as demais operacións complementarias ou auxiliares que lle ordenen os seus superiores.
b) Mariñeiro: é o tripulante que desenvolve coa adecuada competencia e coñecemento as tarefas que son
propias do mecamar, sen estar en posesión do citado título.
Grupo 4º.-Servicios especiais.
Pertencen a esta categoría aqueles traballadores que non estean comprendidos nos grupos e categorías anteriores, e prestan servicios complementarios no tráfico interior de portos ou rías. Dentro deste grupo defínense as seguintes categorías profesionais:
a) Auxiliar administrativo: é o traballador que se dedica, dentro das oficinas, a operacións administrativas e, en xeral, ás puramente mécanicas inherentes ós traballos daquelas.
A enumeración dos grupos e categorías profesionais é meramente enunciativa, e non supón a obriga de ter provistas en todos os casos as prazas indicadas.
Así mesmo, non se trata dunha lista pechada, senón que queda aberta coa finalidade de que sexan incluídas, substituídas ou suprimidas, aquelas categorías profesionais que, ben por disposicións futuras emanadas dos órganos competentes, ou ben por acordo entre as partes asinantes do presente convenio, se puideran establecer no futuro.
Artigo 18º.-Mobilidade funcional (traballos de superior e inferior categoría).
A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas pola lexislación vixente e as titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional.
Poderá efectuarse dentro do grupo profesional sen máis limitacións que as impostas pola capacitación/formación dos traballadores encadrados nel.
A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible de existiren en razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores, esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles á actividade productiva. A empresa comunicaralles esta situación ós representantes dos traballadores.
Se como consecuencia da mobilidade funcional o traballador realizase funcións superiores ás do grupo profesional ou ás de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito meses en dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso conforme o sistema de promoción profesional establecido neste convenio colectivo, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente.
A mobilidade funcional efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da formación e promoción profesional, tendo dereito o traballador á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá as retribucións de orixe.
Non obstante o anterior, tódolos traballadores, con independencia da súa categoría profesional, realizarán as mesmas funcións en canto á operatividade normal da empresa: atención do teléfono, UHF, mantemento das embarcacións, e levar e recoller ós prácticos en calquera medio de transporte que a empresa poña a disposición do traballador, sen que isto signifique encomenda de funcións inferiores nin modificación substancial das condicións de traballo.
Capítulo IV
Ingresos e período de proba
Artigo 19º.-Condicións de ingreso.
Todo o persoal que pretenda ingresar na empresa precisará acreditar:
a) Aptitude física suficiente, e saber nadar no suposto de ter destino a bordo.
b) Ter cumprida a idade mínima que fixen as leis.
c) Título e/ou aptitude legal ou convencional á categoría e especialidade á que aspire.
d) Estar en posesión dos certificados esixidos pola normativa vixente.
Ningún traballador poderá ser admitido a formar parte da tripulación dunha embarcación, se non presenta a cartilla de inscrición marítima que acredite a súa identidade, coas adecuadas autorizacións e obrigatorios visados da autoridade de mariña, e neste documento reflectirase historial do persoal embarcado nos distintos barcos que vaia pasando.
Artigo 20º.-Contrato de traballo.
Os contratos que se celebren con calquera traballador deberán formalizarse sempre por escrito e axustaranse, se é o caso, ó modelo oficial que establezan as disposicións vixentes en materia de contratación, tendose que respectar en calquera caso os contidos do presente convenio.
Artigo 21º.-Período de proba.
Toda admisión de persoal considerarase provisional durante un período de proba variable, de acordo coa categoría para a que o traballador fose contratado. O tempo de proba non poderá ser superior ó que a continuación se establece:
a) Grupo 1º: 6 meses.
b) Grupo 2º: 2 meses.
c) Grupo 3º e 4º: 1 mes.
Durante os ditos períodos, tanto o empresario como o traballador poderán, respectivamente, desistir da proba e consecuentemente rescindir unilateralmente o contrato de traballo, logo do aviso, con sete días de antelación, como mínimo, sen que ningunha das partes teña por iso dereito a ningunha indemnización.
O incumprimento por parte da empresa da obriga de avisar coa debida antelación dará dereito ó traballador a percibir en concepto de indemnización o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso, se o incumprimento deriva por parte do tra
ballador, a empresa poderá descontar da liquidación deste o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.
En todo caso, o traballador percibirá durante o período de proba o salario e demais emolumentos correspondentes ó traballo realizado; aboaránselle, así mesmo, os gastos que poida produci-lo seu reintegro ó porto de embarque, en caso de cesamento durante o período de proba por instancia da empresa.
Capítulo V
Promoción profesional e formación
dos traballadores
Artigo 22º.-Promoción profesional.
As prazas vacantes existentes na empresa poderán proverse a criterio destas, de acordo co nivel de actividade, desenvolvemento tecnolóxico ou outras circunstancias que aconsellasen tal medida.
A provisión de prazas vacantes dentro do grupo 1º serán designadas libremente pola dirección da empresa; en canto á provisión de prazas vacantes no resto de grupos profesionais a empresa deberá cubrir como mínimo un 60% delas a través de promoción interna, salvo que quede deserta a praza vacante, podendo ser a partir dese momento, cuberta libremente pola empresa.
Cando se produza unha vacante que non implique mando, cubrirase con persoal fixo da empresa que reúna as condicións legais necesarias para poder desenvolvela. Sempre que sexan aptos para iso a xuízo da empresa ou armador, debendo terse en conta, entre outras, as circunstancias seguintes para ascender a unha categoría superior:
Posesión da titulación adecuada, se é o caso.
Coñecemento do posto de traballo.
Historial profesional do traballador.
Ter prestado servicios, temporalmente, na categoría profesional que se pretende cubrir.
En condicións de igualdade entre varios traballadores primará a maior antiguïdade na empresa.
Artigo 23º.-Formación profesional no traballo.
Aquel traballador que curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico-profesional poderá desfrutar dos permisos necesarios para acudir ós exames.
Sen menoscabo da actividade da empresa, esta virá obrigada a facilitarlle ós traballadores todos aqueles cursos ou actividades que posibiliten unha mellora das súas capacidades laborais, técnicas e humanas. Para isto concertará os necesarios plans formativos en tódalas materias de interese, coas entidades que prefira, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores (RLT).
A elección dos asistentes ós cursos será por acordo entre os representantes legais dos traballadores (RLT) e a empresa. Durante e realización dos cursos os traballadores percibirán os seus salarios íntegros.
En canto ós permisos individuais de formación (PIN), coa finalidade de valora-la solicitude do traballador, a dirección da empresa terá en conta as súas necesidades productivas e organizativas, para o que solicitarán a opinión dos representantes legais dos traballadores (RLT), tendo en conta que o desfrute do permiso non afecte significativamente o traballo nela.
Terán prioridade para desfruta-lo permiso de formación aqueles traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos regulamentariamente, non participasen nunha acción formativa dun plan agrupado.
A denegación da solicitude por parte da empresa deberá ser motivada, debéndoselle comunicar por escrito ó traballador. Dado o número de traballadores que conforman o cadro de persoal da empresa, será motivo suficiente para denega-la solicitude que nese momento se encontre outro traballador desfrutando un permiso individual.
A dirección da empresa informará os representantes legais dos traballadores (RLT) das solicitudes recibidas e da súa resposta a elas.
Capítulo VI
Xornada, descanso, vacacións e licencias
Artigo 24º.-Xornada de traballo.
A duración máxima da xornada ordinaria de taballo será de corenta (40) horas á semana, de traballo efectivo en media de cómputo anual.
A empresa ten a facultade de organiza-las quendas como mellor conveñan ó desenvolvemento normal do traballo, logo de información ós representantes legais dos traballadores (R.L.T.).
Os traballadores dedicados a labores en embarcacións prestarán os seus servicios durante un total de 2.626 horas anuales.
No total de 2.626 horas determinadas anteriormente están comprendidas:
a) O total de 1.813 horas anuais de traballo efectivo correspondentes ás 40 horas semanais de traballo efectivo en media de cómputo anual.
b) O total de 813 horas anuais de presencia.
Pola realización da xornada establecida anteriormente os traballadores percibirán aqueles salarios fixados para cada categoría no convenio colectivo.
Artigo 25º.-Festivos.
Ademais daqueles días que se fixan no calendario laboral en vigor en cada ano, considerarase como día non laborable e non recuperable para tódolos os efectos, o día do Carme. Aqueles traballadores que teñan que prestar servicios nese día terán dereito a desfrutar dito descanso en calquera outro día fixado de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, podéndose acumular este ó período de vacacións.
Artigo 26º.-Vacacións.
Todo o persoal comprendido no ámbito deste convenio, terá dereito a desfrutar vacacións retribuídas de trinta días naturais.
En canto ás datas do seu desfrute aplicarase o disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores, tratando de que sexan desfrutadas preferentemente entre os meses de xuño a setembro.
Logo de acordo entre a empresa e os traballadores, estes poderán fraccionar en dous ou máis períodos o seu desfrute vacacional.
Cando o traballador cese ou ingrese no transcurso do ano, terá dereito a unha parte proporcional das vacacións en función do tempo traballado.
A retribución do período vacacional estará integrada polos seguintes conceptos: salario base mensual, antiguïdade, plus de actividade e plus de embarque.
Artigo 27º.-Licencias retribuídas.
O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:
a) Quince días en caso de matrimonio.
b) Dous días en caso de nacemento de fillos.
c) Dous días no suposto de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Endenderase enfermidade grave cando pola doenza se precise hospitalización do familiar.
d) Un día por traslado de domicilio habitual.
e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.
f) Para facer funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.
Nos supostos recollidos nas letras b) e c), cando, con tal motivo, o traballador precise facer un desprazamento fóra da provincia, o prazo será de catro (4) días.
Capítulo VII
Réximen salarial
Artigo 28º.-Estructura salarial.
Establécese a seguinte estructura salarial:
a) Salario base.
b) Complementos persoais: antiguïdade.
c) Complementos do posto de traballo: plus de embarque.
d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo: plus de actividade.
e) Complementos de vencemento superior ó mes: gratificacions extraordinarias.
Artigo 29º.-Salario base.
Este concepto é a retribución fixada por unidade de tempo. O salario a xornada completa que percibe cada traballador e categoría será o que figura no anexo I do convenio.
Artigo 30º.-Complemento de antiguïdade.
Os traballadores terán dereito a aumentos periódicos consistentes en trienios do 3% do salario mensual que se devengarán desde o primeiro día do mes seguinte ó do seu cumprimento.
Artigo 31º.-Plus de actividade.
Para o persoal de a bordo, en función do desenvolvemento normal da actividade da empresa, establécese unha compensación, idéntica para tódalas categorías, que recolle especificamente a gratificación pola dedicación e calidade do traballo, así como en compensación pola realización de traballo en réxime de quendas, xornadas nocturnas e horas de presencia.
Este plus consistirá nun complemento salarial pola cantidade de 15.000 ptas. mensuais o primeiro ano de vixencia do convenio; 25.000 ptas. mensuais o segundo ano de vixencia e 30.000 ptas. mensuais o último ano de vixencia.
O dito complemento será aboado nas doce mensualidades de cada ano.
Artigo 32º.-Plus de embarque.
Sobre os salarios fixados neste convenio aboaráselle ó persoal de a bordo en concepto de plus de embarque un complemento salarial consistente en 2.500 ptas. ó mes, que se pagarán en doce mensualidades.
Artigo 33º.-Gratificacións extraordinarias.
Os traballadores percibirán dúas gratificacións extraordinarias, consistentes cada unha delas nunha cantidade equivalente a unha mensualidade de salario base, máis a antiguïdade e o plus de embarque, que lles serán satisfeitas unha ó inicio do período de vacacións, ou no seu defecto o día 25 de xullo, e outra a 15 de decembro.
As ditas pagas devengaranse proporcionalmente ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen, estimándose para estes efectos como tempo traballado aqueles períodos nos que o traballador estivera en situación de incapacidade temporal.
Capítulo VIII
Outras compensacións
Artigo 34º.-Plus de transporte.
Establécese para tódalas categorías, excepto para aquelas incluídas no grupo profesional de servicios especiais, un plus en compensación por transporte igual a unha cantidade mensual de 13.500 ptas. mensuais.
Artigo 35º.-Manutención.
En compensación por alimentación diaria de los trabajadores de a bordo fíxase o importe de 17.700 ptas. ó mes. A dita cantidade será aboada nas doce mensualidades.
Artigo 36º.-Utensilios e roupa de traballo.
A empresa outorgará a todo o seu persoal dedicado ós labores de practicaxe a roupa de traballo necesaria para cada un dos seus tripulantes, sendo obrigado o seu uso. Así o persoal contará cun pantalón e cha
quetón de augas, guantes de manobra, chaquetón, botas especiaies e fundas ou uniforme.
Tódolos elementos de protección persoal que use a tripulación deberán estar homologados pola normativa vixente.
En caso de aboar indemnizacións económicas, por este concepto, a cantidade que se aboará será de 3.150 ptas. mensuais, quedando a empresa exonerada da entrega da roupa.
Artigo 37º.-Axudas de custo.
Durante as viaxes e desprazamentos que o persoal teña que realizar con motivo de comisións de servicio, por orde da empresa, devengaranse axudas de custo; o traballador afectado terá dereito a percibir por adiantado, do empresario ou do seu representante, o importe aproximado das axudas de custo e gastos de locomoción, en caso de non entregarse os correspondentes billetes de pasaxe.
Capítulo IX
Accion social e garantías sindicais
Artigo 38º.-Incapacidade temporal.
O traballador que se encontre en situación de incapacidade temporal derivada por accidente de traballo percibirá, desde o primeiro día desta e ata un máximo de tres meses, un complemento con cargo á empresa, sobre a prestación da Seguridade Social, ata completa-lo 100% da súa base de cotización mensual excluída a pro rata de pagas extraordinarias.
Artigo 39º.-Condicións básicas de suguridade e hixiene.
Observarase e aplicarase por ámbalas dúas partes a normativa sobre prevención de riscos laborais constituída pola Lei 31/1995, do 8 de novembro, as súas disposicións de desenvolvemento ou complementarias e cantas outras normas conteñan prescricións relativas á adopción de medidas dentro do ámbito laboral da empresa.
A empresa deberá garanti-la seguridadae e saúde dos traballadores ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co seu traballo. Para estes efectos, a empresa realizará a prevención de riscos laborais mediante a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e saúde dos traballadores, a través da avaliación de riscos, información, consulta e participación e formación dos traballadores.
A prevención de riscos laborais deberá integrarse no conxunto de actividades e decisións da empresa, tanto nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións en que este se preste, como na liña xerárquica da empresa, incluídos tódolos seus niveis.
O establecemento dunha acción de prevención de riscos integrada na empresa suporá a implantación dun plan de prevención de riscos que inclúa a estructura organizativa, a definición de funcións, as prácticas, os procedementos, os procesos e os recursos necesarios para levar a cabo a dita acción.
Por iso, para a posta en práctica da acción preventiva, a empresa avaliará as condicións de cada un dos postos de traballo, para identificar e evita-los riscos e avalia-los que non se poidan evitar. A empresa, a partir dos resultados da avaliación de riscos, planificará a actividade preventiva a necesidade da cal poña aquela de manifesto.
Artigo 40º.-Sixilo profesional dos delegados de persoal.
Os delegados de persoal, observarán sixilo profesional naquelas materias que estableza a lexislación vixente, aínda logo de deixar de ser representante legal dos traballadores e en especial en todas aquelas materias sobre as que a empresa sinale un carácter especialmente reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ós delegados de persoal poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a súa entrega.
Artigo 41º.-Garantías dos delegados de persoal.
Os delegados de persoal, como representantes dos traballadores, terán entre outras as seguintes garantías:
a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sanción por faltas graves e moi graves, no que serán escoitados, á parte do interesado, os restantes delegados.
b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, no suposto de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas e económicas.
c) Non ser discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón do desempeño da súa representación.
d) Expresar con liberdade, as súas opinións en materias concernentes á esfera da súa representación, podendo editar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicandollo á empresa.
e) Dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación de acordo coa escala establecida no Estauto dos traballadores.
f) Cantas outras se poidan conter e derivar da lexislación vixente.
Capítulo X
Réxime disciplinario
Artigo 42º.-Faltas laborais.
Por razón da súa gravidade, as faltas clasifícanse en leves, graves e moi graves.
Son faltas leves:
a) As de erro, demora ou neglixencia na execución de calquera traballo que non produza prexuízo no servicio encomendado.
b) As de puntualidade, superior a 30 minutos á hora de presentarse ó traballo.
c) Abandonar sen motivo xustificado o traballo, cando non implique prexuízos para a empresa ou terceiros, en caso contrario terá a consideración de falta grave.
d) As discusións cos compañeiros de traballo e faltas de respecto ós superiores, sen que causen perturbacións graves na empresa. Se con elas se causasen perturbacións graves poderanse considerar como falta grave.
O descoido e/ou maltrato dos bens ou materiais que teña o traballador ó seu cargo, sempre que non cause grave prexuízo á empresa, suposto que de suceder poderase considerar como falta grave.
f) A falta de aseo persoal que non produza queixa dos compañeiros.
g) A desobediencia das ordes recibidas, se con esta conducta non se causan prexuízos á empresa ou a terceiros.
Son faltas graves:
a) Máis de tres faltas de puntualidade na presentación no posto de traballo, non xustificadas, no período de tres meses. Cando tivese que relevar a un compañeiro bastará unha soa falta para que esta se considere como falta grave.
b) Neglixencia ou descoido no traballo que afecte sensiblemente á boa marcha deste.
c) A imprudencia grave en actos de servicio, se implicase riscos de accidentes para el ou para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada falta moi grave.
d) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de servicio; se implicase creba da disciplina ou dela se derivasen prexuízos para a empresa ou para os compañeiros de traballo, poderá ser considerada moi grave.
e) As faltas de aseo e limpeza que produzan queixa xustificada dos compañeiros de traballo.
f) A comisión de tres faltas leves dentro dun semestre, aínda que sexan de distinta natureza.
Son faltas moi graves:
a) Malos tratos de palabra ou obra e a falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros e subordinados.
b) A reincidencia en faltas de subordinación, disciplina ou cumprimento de servicio, considerándose como tal a negativa a efectua-lo traballo ordenado, calquera que sexa a natureza deste e a hora na que deba realizarse.
c) O abuso de autoridade por parte dos xefes respecto do persoal que lle sexa subordinado.
d) O abandono do servicio de garda sen motivo xustificado.
e) A estafa, roubo ou furto cometidos dentro do centro de traballo.
f) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o trato desconsi
derado cos compañeiros de traballo ou calquera persoa ó servicio da empresa ou en relación con esta.
g) Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materiais e útis, ferramentas, maquinaria, aparellos, enxoval e documentos da empresa.
h) A embriaguez e/ou consumo de drogas en acto de servicio, salvo informe facultativo que indique adicción.
i) Viola-lo segredo da empresa, así como revelar a elementos estraños datos de reserva obrigada.
j) A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal no traballo.
k) Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusable.
l) A comisión de dúas faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan no período dun ano desde a primeira.
Artigo 43º.-Sancións.
As sancións que poderán impoñerse serán as seguintes:
Por faltas leves:
a) Amoestación verbal.
b) Amoestación por escrito.
c) Suspensión de emprego e soldo dun día.
Por faltas graves:
a) Amoestación por escrito.
b) Suspensión de emprego e soldo de 2 a 15 días.
Por faltas moi graves:
a) Suspensión de emprego e soldo de 16 a 45 días.
b) Despedimento disciplinario.
Artigo 44º.-Procedemento sancionador.
A imposición das sanción que se establecen no artigo anterior rexeranse polos seguintes principios:
a) Correspóndelle ó empresario ou persoa que o represente, a facultade para impor sancións por faltas leves, graves e moi graves.
b) As faltas prescribirán se non se procede á imposición de sanción ou á apertura de expediente, caso de que este deba instruírse, nos prazos seguintes, contados desde a data en que foron cometidas ou desde que o empresario ou o seu representante tivo ou puidera ter coñecemento delas: as leves ós 10 días, as graves ós 20 días e ós 60 días as moi graves, en todo caso, as faltas prescribirán ós 6 meses de cometerse.
c) Os representantes legais dos traballadores serán informados das sancións impostas por faltas graves e moi graves.
Capítulo XI
Outras disposicións
Artigo 45º.-Xubilación.
Establécese a xubilación obrigatoria do traballador ó cumpri-los sesenta e cinco (65) anos de idade sempre
que este teña cuberto o período mínimo de carencia, necesario para causar dereito á pensión de xubilación. Neste último caso a xubilación será obrigatoria ó quedar cuberta a carencia.
O presente artigo será tamén de aplicación a aqueles traballadores en activo que na data da sinatura do presente convenio colectivo teñan cumpridos os sesenta e cinco (65) anos.
Artigo 46º.-Modificación das condicións de operatividade no porto.
Tódalas condicións de traballo, xornada e remuneracións, pactadas en virtude do presente convenio, son froito da actual operatividade e condicións de explotación do porto de Vigo. Polo tanto, caso de que a xuízo de calquera das partes asinantes do presente convenio, a modificación destas condicións de operatividade e explotación do porto, desvirtuase os contidos do pactado, o conxunto de normas actuais sería revisado para a súa adecuación, ás novas condicións. Sen prexuízo de que mentres non se producise tal adecuación, o presente convenio mantería a súa vixencia.
Artigo 47º.-Revisión salarial.
No suposto de que o IPC real, ou dato estatístico que o substitúa, rexistrase no 31 de decembro do 2000 (terceiro ano de vixencia do convenio) un incremento respecto ó 31 de decembro do 1999 superior ó 2%, efectuarase unha revisión sobre tódolos conceptos con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro do 2000, no momento en que se constate oficialmente a dita circunstancia e no exceso sobre a citada porcentaxe.
ANEXO I
Táboa salarial 1998
Embarq. Transporte e roupa
de
traballo
Categoría G.C. S.base P. Activ. P.
P.
Manut. Utensil.
Patrón 4 125.000 15.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mecamar 9 117.000 15.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mariñeiro 9 104.000 15.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Aux. Advo. 7 SMI
Táboa salarial 1999
Embarq. Transporte e roupa
de
traballo
Categoría G.C. S.base P. Activ. P.
P.
Manut. Utensil.
Patrón 4 125.000 25.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mecamar 9 117.000 25.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mariñeiro 9 108.000 25.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Aux. Advo. 7 SMI
Táboa salarial 2000
Embarq. Transporte e roupa
de
traballo
Categoría G.C. S.base P. Activ. P.
P.
Manut. Utensil.
Patrón 4 125.000 30.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mecamar 9 117.000 30.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Mariñeiro 9 115.000 30.000 2.500 13.500 17.700 3.150
Aux. Advo. 7 SMI
9095

