Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da L.H., seguidos neste xulgazdo co número 72/1991, promovidos polo procurador García Boado,
en nome e representación do Banco Hipotecario de España, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:
"No lugar de Faxilde, parroquia de Sobrán-Vilaxoán, municipio de Vilagarcía de Arousa.
Rústico, onde se coñece por Granxa, labradío cunha superficie dunha área e trinta e catro centiáreas. Estrema: norte, sur, leste e oeste, Manuel Rial Rosales, Rita Cardala Diz, Ramón Antonio González; María Esther Martínez Guerra, José María Pita Orduña e Mercedes Rasilla Buhigas. Hoxe polo sur e oeste, estrema rúas de nova construcción. Sobre parte do predio descrito iniciouse a seguinte construcción.
Casa, destinada a vivenda unifamiliar, que estrema: norte, resto do predio sen edificar; sur e oeste, rúa de nova construcción e leste, Manuel Rial Rosales, Rita Cardala Diz, Ramón Antonio González; María Esther Martínez Guerra, José María Pita Orduña e Mercedes Rasilla Buhigas. Componse dos seguintes elementos: A) Vivenda unifamiliar, distribuída en planta baixa e planta alta, cunha superficie útil de oitenta e sete metros con quince decímetros cadrados. B) Garaxe vinculado á vivenda, sito en planta baixa, cunha superficie útil de dezanove metros con cincuenta e seis decímetros cadrados. C) Rocho, sito na planta baixa cunha superficie útil de sete metros con oitenta e catro decímetros cadrados.
Inscrición: inscrito no terreo no tomo 504, libro 110, folio 21 vto. predio 9936, inscrición segunda e a casa no tomo 502, libro 110, folio 21 vto. predio 9936, inscrición terceira, do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa».
A poxa terá lugar o día 26 de novembro de 1998, ás 9.30 horas, neste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de oito millóns de pesetas, se non concorren postores, sinálase para a segunda o día 28 de decembro de 1998, ás 9.30 horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; se non hai ofertantes na segunda sinálase para a terceira o día 27 de xaneiro de 1999, ás 9.30 horas, sen suxeición a tipo.
Faíselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:
1. Non se admitirá licitación inferior á cantidade de oito millóns de pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.
2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por cento do tipo.
3. Tódalas licitacións poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación deste edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o xustificante acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.
4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da L.H están de manifiesto en secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravámes anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o remantante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas, e se non as acepta non lle será admitida a proposición, tampouco se admirirá licitación por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.
6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non ser encontrado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.
7. No caso de que algún día dos sinalados para a celebración das poxas cadrase en día inhábil trasladarase a súa celebración para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.
Trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e oito.
O maxistrado-xuíz
Rubricado
O secretario
Rubricado
9083

