En virtude do acordado polo xuíz en do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de separación conxugal (5*) nº 00209/1998-3 seguidos neste xulgado por instancia de Mercedes Santos Vilar, representada pola procuradora Mª Rita Goimil Martínez (de oficio), contra José Aceituno Ortega e o Ministerio Fiscal, emprázase o demandado, José Aceituno Ortega, para que no termo de vinte días compareza en autos, en legal forma con avogado que o defenda e procurador que o represente, coa prevención de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.
E para que lle sirva de emprazemnto ó demandado, Jose Aceituno Ortega, expido este edicto que asino en Santiago de compostela o 30 de setembro de 1998.
A secretaria
Rubricado
8941

