Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Porto Morás e Viveiro, con anexos: V-7039; XG-413, por substitución e unificación das concesións: V-2771; XG-301, entre Porto Morás e Viveiro, e V-2773; XG-302, entre Calvelas e Viveiro, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 3 de xullo de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autobuses de Viveiro Otero, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Porto Morás e Viveiro, con anexos: V-7039; XG-413, por substitución e unificación das concesións: V-2771; XG-301, entre Porto Morás e Viveiro, e V-2773; XG-302, entre Calvelas e Viveiro, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Porto Morás, empalme de Morás, Portocelo, Vilachá, A Vara, Fontao, empalme C-642, Fontao, Faro, Praia de Area, Augadoce e Viveiro.

* Calvelas, Penas Agudas, Vilariño, Cancelas, Ponte do Carro, Cornide, Pazos, San Vicente, Vilela, Veiga, Xove e Augadoce.

* Xove e empalme de Morás.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Xove e Viveiro, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

-Porto Morás-Viveiro (24 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta o terceiro domingo de cada mes.

* Unha expedición máis de luns a venres laborables desde o 15 de setembro ó 30 de xuño.

-Calvelas-Viveiro (22,6 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta o terceiro domingo de cada mes.

-Porto Morás-Ponte do Carro (11,5 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 6,25 pesetas.

* Tarifa usuario: 6,6875 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 0,9375 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director Xeral de Transportes

8942