Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Agolada e Dozón: V-2941; XG-331, por substitución da concesión: V-2941; XG-331, entre Alto da Fraga e Agolada, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 3 de agosto de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Meijide, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Agolada e Dozón: V-2941; XG-331, por substitución da concesión: V-2941; XG-331, entre Alto da Fraga e Agolada,

con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Agolada, Ferreiroa, Ventosa, Alto da Fraga, Guillar, Negrelos, Rodeiro, Riobó, Senra, Asperelo, Carboentes, Agrosagro, Arnego, Rañestras, Sá, Moi, Diz e Dozón.

II. Expedicións.

-Agolada-Rodeiro (16,5 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Rodeiro-Dozón (24,5 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

III. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,7795 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,4641 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 1,4669 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8943