Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Augadoce-Viveiro-Santa Mariña, con anexos: V-0626; XG-040, por substitución da concesión: V-0626; XG-040, entre Celeiro e Chavín, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 3 de xullo de 1998, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autobuses de Vivero Otero, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Augadoce-Viveiro-Santa Mariña, con anexos: V-0626; XG-040, por substitución da concesión: V-0626; XG-040, entre Celeiro e Chavín, con anexos, de

acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Augadoce, empalme C-642/L-Augadoce, encrucillada de Celeiro, Celeiro, Viveiro, Magazos, Landrove, Viveiro-San Pedro, Chavín, Rubeira e Santa Mariña.

* Viveiro, A Misericordia, Covas e Escourido.

* A Misericordia, Pena, Montallán e Vieiro.

* Landrove, Galdo, Teixos e Bravos.

* Viveiro-San Pedro, Forxán e Igrexa.

* Chavín e Santa María.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Landrove e Viveiro, puntos intermedios e viceversa.

* De Viveiro para Covas, e viceversa.

* De e entre Chavín e o límite da parroquia de Santa María de Chavín, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Covas e Escourido, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre encrucillada de Celeiro e Aguadoce, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para Viveiro e viceversa.

III. Expedicións.

-Santa Mariña-Viveiro (12,4 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

-Igrexa-Forxán-Viveiro (6,7 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

-Santa María (límite da parroquia)-Viveiro (9 km).

* Catro expedicións de ida e cinco de volta os días laborables.

* Tres expedicións de ida e volta os domingos e festivos, salvo o 3º domingo de cada mes.

* Catro expedición de ida e 5 de volta o 3º domingo de cada mes.

-Vieiro-Viveiro (3,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

-Aguadoce-Viveiro (4,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

* Tres expedicións diarias de ida e volta do 15 de xuño ó 15 de setembro.

-Escourido-Viveiro (4 km).

* Tres expedicións de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

-Bravos-Landrove-Viveiro (12,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables e o 3º domingo de cada mes.

-Covas-Viveiro-Celeiro pola vía do litoral (3,7 km).

Do 16 de setembro ó 15 de xuño:

* Vintedúas expedicións de ida e volta diarias.

Do 16 de xuño ó 15 de setembro:

* Vintenove expedicións de ida e volta diarias.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 6,25 pesetas.

* Tarifa usuario: 6,6875 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 0,9375 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8545