Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica a demanda correspondente ó expediente XA 26/1998, instruído pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia e devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Por esta cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecidos no anexo desta cédula a formulación contra el da reclamación que se relaciona no citado anexo e que deu lugar, co número que se indica, á instrucción do correspondente expediente pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, sinalándose a súa vista na data e hora establecida na relación adxunta.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente: XA 26/98.

Demandante: Juan Carlos Bouzas Fernández.

Demandado: Azcona Tolon, S.L.

Último enderezo coñecido: Santa Rosa, 4, 50013 Zaragoza.

Feitos demanda: non pagamento de portes de transporte.

Data: agosto 1996.

Contía demanda: 96.000 ptas. máis xuros legais.

Data vista xunta arbitral: 9 de novembro de 1998, 16.30 h.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes. Polígono As Fontiñas, Edif. Área Central, Praza de Europa, 5-2º A, Santiago de Compostela.

8955