Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Ciudad Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Caseta Guntín (Vilalba).
Situación: Vilalba.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor D.H.Z. 1 12/20 kV Al de 720 metros de lonxitude. Centro de transformación de 620 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión subterránea en conductor R.V. unipolar 0,6/1 kV en Al liña de baixa tensión aérea en conductor R.Z.A. en Al.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 20 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8949

