Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro nº 4, 27002Lugo.
Denominación: C. transformación e rede baixa tensión en Baltar (Pastoriza).
Situación: Pastoriza.
Características técnicas: liña de media tensión de 15 metros de lonxitude de 20 kV en conductor LA-56. Centro de transformación de 160 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 1.300 metros de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 20 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8945

