Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en Bretoña (Pastoriza).
Situación: Pastoriza.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en D.H.Z. 1 cunha lonxitude de 205 metros. Un centro de transformación en caseta 630 kVA y 20/0,38-0,22 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 26 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8946

