Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. en Castellana (Ferreira do Valadouro).
Situación: Ferreira do Valadouro.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z. cunha lonxitude 1.550 metros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 26 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8762

