Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/273-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ameixeiras.

Situación: Carral.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 229 m de lonxitude, con

orixe na liña Mesón-Carral e remate no apoio nº 3 da liña que alimenta o C.T. Ameixeiras. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 45 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da liña aérea e remate no C.T. Ameixeiras, a instalar. Centro de transformación manobra exterior Ameixeiras, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede aérea sobre apoios formigón e con conductor R.Z. de 350 m de lonxitude. Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de setembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

8758