Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: Modif. 1 o proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Monte Boado.
Situación: Boimorto.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.560 m de lonxitude,
con orixe na liña que alimenta o C.T. Aquelavila. (Expediente 51362) e remate no C.T. Ponte Boado, a instalar. Centro de transformación tipo intemperie, Ponte Boado, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 290 m de lonxitude. Boimorto.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
8761

