Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Neda-Poblo.
Situación: Neda.
Características técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 580 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. na r/ Obispo Argalla. (Expediente 50992) e remate no C.T. Casa das Palmeiras, a intalar. C.T. en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Casa das Palmeiras do que parten. Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.450 m de lonxitude e rede subterránea, baixo tubo, de 212 m de lonxitude con conductor R.V. Redes de baixa tensión do C.T. Neda-Pobo, de 1.930 m de lonxitude sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. e de 150 m de lonxitude subterránea baixo tubo e con conductor R.V. Neda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
8756

