Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: Modif. do proxecto de L.M.T. D.C. Meirama-Mesón.
Situación: Cerceda e Ordes.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e en doble
circuíto, con orixe en celas media tensión existentes en subestación de Meirama, de 752 m de lonxitude, e remate no apoio paso subterráneo-aéreo. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, en doble circuíto, sobre apoios de formigón e metálicos, de 3.184 m de lonxitude, con orixe na liña arriba citada e remate no nº 23. Ordes e Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
8801

