Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/171-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Barco de Valdeorras-Circunvalación.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 15/20 kV en conductor LA-110. (1ª): de 145 metros, con orixe no apoio nº 40 da L.M.T. Cooperativa e remate no apoio nº 4 da L.M.T.A. Proxect. desvío Matadoiro. (2ª): de 128 metros, con orixe na L.M.T.S. Proxect. desvío Matadoiro e remate na L.M.T.S. ó lado estación bombeo. (3ª): de 1.869 metros, con orixe na L.M.T. a Riomao e remate en apoio nº 18 da L.M.T.A. Proxect. ó C.T. Viloira. 2 L.M.T. subterráneas a 15 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV: (1ª): de 680 metros, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T.A. Proxect. desvío Matadoiro e fin no C.T. preforma existente en estación bombeo. (2ª): de 20 metros, con orixe no apoio nº 18 da L.M.T.A. Proxect. a C.T. Viloira e fin no C.T. preforma existente Viloira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8763