Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Coto-Balbís-Neda.
Situación: Neda.
Características técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 730 m de lonxitude, con orixe na liña de enlace C.T. Fervenzas con C.T. Neda. (Expediente 52403) e remate no C.T. centro de saúde, a instalar. C.T. en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en centro de saúde, do que parte rede subterránea de baixa tensión, en conductor R.V. de 30 m de lonxitude e seguida de rede aérea, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 2.352 m de lonxitude. Rede de baixa tensión desde C.T. Coto-Balbís, subterránea, en conductor R.V. de 30 m de lonxitude, seguida de rede aérea, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 2.775 m de lonxitude. Neda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
8820

