De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase
o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,408 km, conorixe na L.M.T. actual de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e final no C.T. proxectado Solaina. Centro de transformación tipo intemperie Solaina, cunha potencia de 50 kV e relación de transformación de 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión cunha lonxitude de 0,03 km, orixe no C.T. proxectado Solaina e conductor tipo R.Z. (expediente número 284/98).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Solaina (termo municipal de Ares).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a
entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 15 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 284/98. Provincia: A Coruña.
L.M.T., C.T. e R.B.T.Termo municipal: Ares.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
1 Romea Prado Andres Riveiro Pazos r/ Arriba, Redes, 15623 Ares 1 2 24 240
2 Romea Lab-prad Mercedes Castro Fernández r/ Rua, Barracido 1, 15623 Ares œ2 2 100 1000
3 Romea Prad-frut Abelardo Bellón López e outro r/ Cantón Molins 2, 15403 Ferrol œ2 e 3 3 150 1500
4 Solaina Froiteiras José Barbarin Salinas r/ Solaina 2, 15623 Ares 2 40
5 Solaina Froiteiras María Bouza Freire r/ Solaina, 15623 Ares 54 864
6 Solaina Froiteiras Rosa María Martínez Anca r/ Solaina 3, 15623 Ares 46 736
7 Solaina Monte alto María Bouza Freire r/ Velázquez 53, 15403 Ferrol 36
8 Solaina Monte alto María Bouza Freire r/ Solaina, 15623 Ares 30
9 Solaina Monte alto Rosa María Martínez Anca r/ Solaina 3, 15623 Ares 80
10 Solaina Monte alto Rosa María Martínez Anca r/ Solaina 3, 15623 Ares C.T. 6 20 100
11 Solaina Monte alto Herminia Busques Rodríguez Paralelo 2, 15623 Redes 80
8819

