De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,38 km, con orixe na L.M.T. a C.T. Loureda (expediente 98343)e final no C.T. proxectado Midón e Caneda. Centro de transformación tipo intemperie Midón e Caneda, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V.
Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,025 km, orixe no C.T. Midón e Caneda e conductor tipo R.Z. (expediente número 298/98).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Midón e Caneda (termo municipal de Boqueixón).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 16 de setembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 298/98 Provincia: A Coruña.
L.M.T., C.T. e R.B.T. Midón e Caneda.Termo municipal: Boqueixón.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
3 Zanca do Muíño Monte alto Consuelo Vilela Raviña P.Fontiñas-Rúa de Moscoso p-10-2ºB, 15706 Santiago de Compostela 1 2 33 430
4 Zanca do Muíño Monte alto Enrique Rodríguez Couto r/de Sar 95-Baixo, 15702 Santiago de Compostela œ 2 1 74 1250
5 Zanca do Muíño Monte alto Antonio Rodríguez Mallón Igrexa-Sta. Eulalia de Vigo, 15881 Boqueixón œ 2-3 3 100 1760
5/1 Zanca do Muíño Prado Antonio Rodríguez Mallón Igrexa-Sta. Eulalia de Vigo, 15881 Boqueixón 83 830
6/1 Reguiño o Barrei Monte alto Manuel Torres Rial Sta. Eulalia de Vigo, 15881 Boqueixón Estim 10
14 Devesa de Caneda Labradío Hrdos.Encarnación Canabal Rui Caneda-San Pedro de Loureda, 15881 Boquixón œ 7 1 90 900
9061

