Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto de tramitación ordinaria, dun contrato de subministración de material informático para as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Entidade adxudicadora: Conselleria de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 2/1998.

Obxecto do contrato: subministración de diverso material tinformático para as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: a subministración deberá ser entregado no prazo de trinta días desde a sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: o orzamento máximo para esta contratación é de cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.5000.000 ptas.), IVE incluído.

Garantías: tres anos.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (110.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación ordinaria, ó abeiro do disposto na LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

8585