Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitución, modificación, disolución e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SSAATT de Galicia, así como a modificación, disolución, cancelación e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Forcarei SAT nº 979 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Covas-Forcarei (Pontevedra); obxecto social: recría conxunta de xovencas; capital social: 20.000 ptas.; número de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Xuaneiro SAT nº 980 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Guimaráns-Cabanas-A Baña (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 900.000 ptas.; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Lousada SAT nº 981 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San

te-Trabada (Lugo); obxecto social: explotación comunitaria de terras e gando; capital social: 600.000 ptas.; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Lamelas SAT nº 982 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Suegos-Pol (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 200.000 ptas.; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Os Penedos SAT nº 983 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Álvare-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 200.000 ptas.; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Arean SAT nº 984, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada; con enderezo en Barrio-Muradelle, 13-Chantada (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 30.150.000 ptas.; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Reverencia SAT nº 3.933, na asemblea xeral extraordinaria do 24 de setembro de 1997, acordan por unanimidade a baixa de 7 socios producíndose unha reducción de 4.998.700 ptas. no capital social. Pasa a un definitivo capital social de 2.142.300 ptas. en 21.423 xustificantes de 100 ptas. cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Flores Santa Tecla SAT nº 815 XUGA, na asemblea xeral universal do 24 de xullo de 1998, acordan aprobar por unanimidade:

1º Acepta-la baixa do socio Fernando Bernárdez Villar, reducíndose o capital social en 1.000.000 de ptas. que, definitivamente, queda establecido (no artigo 2º dos estatutos) en 3.000.000 de ptas. representado por 30 xustificantes de 100.000 ptas. cada un.

2º Acepta-la proposta de elección de nova xunta rectora integrada por: José Francisco Carballo Álvarez, presidente, José Manuel Portela Martínez, secretario e Juan Luis Carballo Álvarez, vocal.

Estes acordos elévanos a públicos, protocolizándoos diante de notario.

A Sociedade Agraria de Transformación Langueirón nº 934 XUGA, na asemblea xeral do 18 de agosto de 1998, aproban por unanimidade modifica-lo artigo 2º, parágrafo primeiro, dos estatutos sociais, cambiando o valor do título, xustificante que fixan en 198.000 ptas., e ampliando o capital social, con suscrición de dez títulos-xustificantes cada socio, pasando dos 5.496.816 ptas. anteriores a un definitivo capital social de 5.940.000 en 30 títulos-xustificantes do valor fixado.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Santa María de Loureiro SAT nº 4.328, na asemblea xeral do 27 de novembro de 1997, acordan aprobar por maioria a súa disolución nomeando os socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Andabao-Boimorto SAT nº 4.013, na asemblea xeral do 9 de outubro de 1993, acordan aprobar por unanimidade a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Baixas provisionais de:

A Sociedade Agraria de Transformación Agrup. Forestal Cotofrío-Mizoite SAT nº 772 XUGA, por mandamento do 24 de xuño de 1998, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

A Sociedade Agraria de Transformación ADS Limitada SAT nº 856 XUGA, por mandamento do 24 de xuño de 1998 da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

8904