Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores de epizootias 037SA/98 e 051SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que figuran nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 16 de setembro de 1998.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

-Expediente: 037SA/98.

Denunciado: Piñeiro Vázquez, Demetrio.

DNI: 34.923.212N.

Último enderezo coñecido: Villa de Cee, 20-5º, A Coruña.

Feitos denunciados: transportar gando vivo, sen ter inscrito o vehículo para o transporte de gando no Serv. de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 224 do Regul. de E. en Rel. co 52.4º do mesmo Regul. e co 12.2º do R.E. 355/1994 e co 5 da Orde do 4-4-1997.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: 051SA/98.

Denunciado: Mato Gomaz, José Luis.

DNI: 33.248.975Z.

Último enderezo coñecido: Dormea-Boimorto, A Coruña.

Feitos denunciados: transportar gando porcino, carecendo de documentación de traslado e da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 224 do Regul. de E. en Rel. co 17 da Lei de E. co 1 do R.D. 355/1994, do 1 da Orde 23-8-1995, co 217 do Regul. de E. e co 12 do R.D. 355/1994.

Sanción: 30.000 ptas.

8905