Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 0166SA/98 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta

notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 16 de setembro de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: 166SA/98.

Denunciado: Rúa Vázquez, Jesús.

DNI: 33.287.300K.

Último enderezo coñecido: Pedrouzos-Melide, A Coruña.

Feitos denunciados: transportar animais, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo, no Serv. de Sanidade A. e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 52.4º do Regul. de E. en Relac. co 224 do mesmo Regul.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: 177SA/98.

Denunciado: Castro Folgar, Guillermo.

DNI: 35.448.596.

Último enderezo coñecido: Codeseda, 31, Caldas de Reis, Pontevedra.

Feitos denunciados: efectuar operacións de compra e venda de gando no mercado de Santiago de Compostela, carecendo do carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 195.2º do Regul. de E. en Relac. co 213 do mesmo Regul.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: 194SA/98.

Denunciado: López Iglesias, Manuel.

DNI: 76.617.143.

Último enderezo coñecido: r/ Doctor Fleming, 1-4º Esq., Chantada, Lugo.

Feitos denunciados: transportar un animal bovino, procedente do mercado de Santiago de Compostela carecendo da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 12 do D. 355/1994, e artigo 169 do Regul. de E. en Relac. co 217.3º do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

8886