Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 11 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre a renda de integración social de Galicia relacionadas no anexo.

No uso das competencias sobre rendas de integración social de Galicia, regulada pola Lei 9/1991,

galega de medidas básicas de inserción social, e o Decreto lexislativo 374/1991, do 24 de outubro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente de renda de integración social pola Delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderán interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Vigo, 11 de setembro de 1998.

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

PensionistaDNIResoluciónCausaFundamento de

dereito

Cantidade para

reintegrar

Antonio Araújo Fernández36.014.022Suspensión de prestación de RISGADispoñer de recursos superiores a RISGADecreto 374/1991. Art. 73.1º. Lei 9//1991. Art. 31.1º
Escarlata González Acea53.178.340Extinción de prestación de RISGANon presentar documentación en revisión anualDecreto 374/1991. Art. 76.1º.c. Lei 9//1991. Art. 32.c
Mª Jesús Paratcha Rivares36.030.569Suspensión de prestación de RISGADispoñer de recursos superiores a RISGA por un período de 6 meses.Decreto 374/1991. Art. 73.1º. Lei 9//1991. Art. 31.1º
Mª Carmen Melin Iglesias36.089.355Extinción de prestación de RISGAMante-las causas que deron orixe á suspensiónDecreto 374/1991. Art. 76.1º.d. Lei 9//1991. Art. 32.c.

8884