No uso das competencias sobre axudas para situacións de emerxencia social, reguladas pola Lei 9/1991, galega de medidas básicas de inserción social, e o Decreto lexislativo 375/1991, do 24 de outubro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu
recurso sobre axudas para situacións de emerxencia social pola Delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.
Vigo, 14 de setembro de 1998.
Jorge García-Borregón Millán
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
dereito reintegrarSolicitante DNI Resolución Causa Fundamento de
Cantidade para
Ángel Barrul Vargas 53.174.623 Desestimación do recurso O solicitado non se inclúe no concepto de necesidades básicas Lei galega 9/1992. Arts. 41 e 44 Mª Marcela Hernández Gabarri 3.465.995 Desestimación do recurso O solicitado non se considera básico Lei galega 9/1992. Arts. 41 e 44 Mª del Carmen Pazos Silva 52.471.858 Desestimación do recurso O solicitado non se considera extraordinario e non se xustifica a débeda por equipamento básico Lei galega 9/1992. Arts. 41 e 44
8885

