No uso das competencias sobre rendas de integración social de Galicia, reguladas pola Lei 9/1991, galega de medidas básicas de inserción social, e o Decreto lexislativo 374/1991, do 24 de outubro e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu recurso
sobre renda de integración social pola Delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.
Vigo, 14 de setembro de 1998.
Jorge García-Borregón Millán
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
dereito reintegrarPensionista DNI Resolución Causa Fundamento de
Cantidade para
Enrique Figueroa Pérez 35.974.636 Desestimación do recurso Transcruso do prazo fixado para a declaración de caducidade por inactividade do recorrente Lei 30/1992. Arts. 76.1º e 92.1º. Mª Julia González Dinis 76.982.251 Desestimación do recurso Non comunicar variacións Lei galega 9/1991. Art. 32.c. Manuela Luz Vázquez López 33.824.961 Inadmisión do recurso Extemporaneidade Lei 30/1992. Art. 48. Luis García Soutullo 1.371.597 Desestimación do recurso Non acredita o empadroamento durante 5 anos Lei galega 9/1992. Art. 9.1º.a.
8836

