Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de setembro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai público o prego de cargos do expediente sancionador 113/98-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselle-lo prego de cargos en expedientes sancionadores ás persoas que a continuación se relacionan, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo

16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: 113/98-LU.

Denunciado: Francisco González Blanco.

Enderezo: r/ Antonio Machado, 5. Raíces. Piedras Blancas. Castrillón. (Oviedo).

Celeiro-Viveiro, 11 de setembro de 1998.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

8879