En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, de 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude
RESOLVO:
1. Someter á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto e plan de restauración do espacio afectado pola explotación de bloques de granito ornamental Cea, nº 2.666, situada no concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.
* Concello de Vilagarcía de Arousa.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental
9040

