O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de outubro de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento en relación ós aproveitamentos baixo cuberta, de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do devandito acordo no DOG e no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.
O que se notifica para os efectos oportunos, sinalando que contra o devandito acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da data de publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Alcaldía (artigo 110.3º da Lei de procedemento administrativo).
Bueu, 7 de outubro de 1998.
Xosé Novas Piñero
Alcalde
8824

